A ABE LANZA UN VIDEO PROMOCIONAL DA CAMPAÑA EU#CONSUMOLOCAL, EU#SONBOIRO
- A nova campaña da ABE xa estaba nas rúas de Boiro e agora comeza a parte online
- Os protagonistas son 8 persoas socias da entidade
- En setembro terá continuidade dende a perspectiva do consumidor
Boiro 13 de maio de 2022
Despois do éxito da parte física da campaña Euconsumolocal, Eusonboiro na que os socios e socias da patronal Boirense son xs protagonistas por estar presentes na vida diaria dos veciñx de Boiro a través de 50 pancartas, 2 monolitos de 2,5 metros e 1 mupi colocados polas rúas de Boiro, hoxe comeza a parte online da mesma coa publicación do anuncio da campaña.
Este anuncio xa está dispoñible na canle de youtube da ABE e nas redes sociais da asociación e tamén está protagonizado polos mesmos 8 socixs que desta volta nos contan coas súas verbas as 8 razóns para consumir local.
Como explica o presidente “ cada semana faremos unha publicación en redes e web coas fotografías dos protagonistas e hoxe lanzamos un vídeo que será o punto forte da parte máis dixital da campaña e que xa podedes ver en calquera das redes sociais da ABE (@boiroaberto)”
Segunda parte da campaña
Esta campaña é a primeira parte dun proxecto máis amplo que terá continuidade no mes de setembro co lanzamento dunha segunda parte da campaña esta vez protagonizada polos clientes, serán eles quen nos dean o seu punto de vista sobre o comercio local e as súas motivacións para mercar en Boiro.
Mira aquí o anuncio da campaña
A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia